mércores. 29.04.2026
El tiempo

Dosis Letal, un grupo de rock de rapaces de 15 anos dende a fin da terra ao estrelato

Dosis Letal tocando en Fisterra
Dosis Letal tocando en Fisterra
Dosis Letal, un grupo de rock de rapaces de 15 anos dende a fin da terra ao estrelato

O pasado día 16 de febreiro, o Mercado Cultural de Fisterra descubríu unha das bandas emerxentes con máis futuro da comarca. Ante máis de 200 persoas, e despois das actuacións do grupo Maraxe, e da fisterrá Julia (outra estrela no horizonte costeiro, canteira da ESMU de Carnota) os rapaces da banda de rock da fin da terra Dosis Letal” saltaron ao escenario a rasgar as súas guitarras. Non se asusten, o nome é unha homenaxe á primeira banda de Robe Iniesta, o líder de Extremoduro falecido o ano pasado. Eles son Eric, natural de Corcubión e alumno do IES Fernando Blanco; e os fisterráns do IES Fin do Camiño Brais, Andrea e Íker. 

A potencia da presentación fíxose palpable dende o inicio, cunha actuación maxistral por parte do batería Brais que demostrou as horas de ensaio que leva practicado no garaxe da súa casa e no renacido Local de Ensaio de Corcubión, e que a pesar de ter 14 anos, xa parece un virtouso como Taylor Hawkins.

Outro aspecto destacable foi a forte personalidade no escenario de Andrea, o líder da banda, vocalista, guitarrista e gran fan do rock español dos anos 80, algo raro para un mozo do século XXI, que desprega unha enerxía contaxiosa e que fixo tremer o local coa súa potencia musical. A xente que acudiu saiu electrizada.

Eric semella DeeDee Ramone e coa súa guitarra é o perfecto mestre que dá equilibrio, guitarra rítmica de moitos quilates, ao igual que Iker co seu baixo.

Unha grande descoberta para o panorama musical da Costa da Morte.

Máis novas

Comentarios