Descubrindo máis tesouros no Conxunto de San Guillerme


Este martes 11 de novembro, dan comezo as novas actuacións da 3ª fase da excavación do Conxunto arqueolóxico de San Guillerme, en Fisterra. Unhas obras, que se desenvolverán ao longo dun mes, e que servirán para descubrir os tesouros agochados en 400 metrso cadrados,
As excavacións, levadas as cabo pola empresa Zeta Arqueoloxía, e coordinadas pola arqueóloga Lorena Vidal, pretenden recuperar as edificacións que había arredor da ermida. Unhas edificacións que demostrarán que había unha pequena vila arredor da ermida, probablemente "vencellada a unha dependencia monacal", como afirma Vidal.
Deste xeito, poderase demostrar que o lugar era o protagonista de peregrinacións xa dende a época medieval. Aínda non están exactamente datadas pero se barrala que estamos ante un lugar habitado entre o século XI e o XIV.
A súa recuperación está integrada no Plan Monte do Cabo Fisterra, que presentaba hai unhas semanas o arquitecto César Portela. Protagoniza ademais unha das 3 rutas de sendeirismo recentemente sinalizada polo concello.
Fonte
- El Correo Gallego: Los arqueólogos sacarán a la luz otros 400 metros del área de San Guillerme.