Deteñen un fisterrán por tráfico de drogas
10:14 29/04/21
A Garda Civil do Posto de Corcubión detivo a unha persoa, como presunto autor dun delito contra a saúde pública, despois dunha investigación sobre un punto de venda de droga en Fisterra. O home realizaba as transaccións de estupefacientes na mesma beirarrúa, polo que o dispositivo de vixilancia dos axentes foi máis doada.
Nun dos momentos nos que a persoa se dispoñía a realizar unha transacción a un consumidor, os axentes interviron, incautándolle 4 bolsas de plástico con sustancias estupefacientes no seu interior con 11,5 gramos de cocaína e 1,97 gramos de hachís e 205 euros en moeda fraccionada.
O detido, xunto coas actuacións realizadas e os efectos intervidos, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución non 2 de Corcubión.