Dous Premios Anuaria de deseño para o Bela Fisterra

06:19 27/12/18

Entre os premiados atópase a axencia de branding galega Xosé Teiga, Studio que foi merecedora de cinco Premios, dous deles para Bela Fisterra Hotel nas especialidades de deseño interactivo e deseño de contidos. Estes méritos súmanse ao recente logro conseguido, sendo elixido como traballo representante de España na Bienal Iberoamericana do Deseño e tamén finalista optando ao gran premio da BID na especialidade de comunicación visual. Converténdose así, no único traballo español finalista nesta especialidade e o único galego con representación na BID.