venres. 06.12.2024
El tiempo

En marcha a futura gardería de Fisterra

En marcha a futura gardería de Fisterra

Continúan os problemas coas prazas de escolarización infantil na bisbarra. O que por unha parte supón unha boa nova i é que o envellecemento constante da poboación da Costa está a ser compensado pola relativamente alta natalidade nestes últimos anos. E por onde comezan a traballar para a construció dunha nova gardería é por Fisterra.

Xa comezaron os traballos para construción da futura gardería de Fisterra. A empresa concesionaria comezou hoxe mércores 26 de xaneiro coas catas para o estudo xeotécnico que durarán ata mañá. Para levar os traballos a cabo, parte do patio foi valado por medidas de seguridade.

A gardería ten previsto entrar en funcionamento en xaneiro de 2012. O centro contará con 48 prazas para nenos de entre 0 e 3 anos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Información e foto do Tentiente Alcalde de Fisterra Santiago Insua dende o seu dispositivo móbil.

Comentarios