Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Entroido de Fisterra 2020 ponse en marcha

CARTEL ENTROIDO Fisterra 2020
O Entroido de Fisterra 2020 ponse en marcha

Sen dúbida, se é o Entroido máis tradicional e auténtico da Costa da Morte é pola arte que levan na sangue os fisterráns. O Entroido de Fisterra 2020 xa está en marcha e xa ten cartel e bases para o punto forme, o Tradicional Concurso de Comparsas que se celebrará o martes 25 de febreiro.

Pero o programa vén completo, pois xa o venres 21 haberá desfiles escpñares, o sábado, a concentración das comparsas na Cruz de Baixar, e o desfile amenizado polos Rapacollóns Big Band. Será a Escola de teatro Municipal a encargada de ler o pregón.

O domingo 23 será o día do concurso infantil na Praza da Constitución, e o martes, a gran cita no pavillón.

As Bases

Ata o 14 de febreiro ás 14:30 teñen as comparsas para inscribirse no Concello. Este ano os premios son de 1.400€ para o gañador, 1.100€ para o segundo e 800 para o terceiro, tendo todas as comparsas participante unha axuda de 300€.

Novas do Entroido Fisterrán

Máis novas

Comentarios