Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O relevo xeracional asegura o futuro do Entroido na Fin do Mundo

Os Trotamúsicos disfrazados de Los Juegos del Hambre durante o entroido de Fisterra 2018
O relevo xeracional asegura o futuro do Entroido na Fin do Mundo

 Reserven o martes 5 de marzo, porque o pavillón Municipal de Fisterra ten reservado un gran espectáculo para ti, digno das grandes citas de Broadway. O Entroido na Fin do Mundo xa está en marcha e non ten parada. Con máis de 3.500€ en premios, o Concurso de Comparsas deste ano prevese espectacular, pois as 3 comparsas de Fisterra “xa están traballando a todo ghas”, como nos conta Silvia Sar, unha das grandes organizadoras do “Entroido máis tradicional da Costa da Morte”. Se ben aínda non se anotaron ningunha comparsa de fóra de Fisterra (seguro que o fan algunha de Cee, Dumbría, Muxía… antes do 15 de febreiro, cando remata o prazo), o show está asegurado da man das comparsas fisterrás. "Tortugas y Peces", a pesar da lentitude do seu nome, este ano foron os primeiros en anotarse, e xa levan tempo cos preparativos. Tamén está asegurada a presencia de “Os da Charca” e “Os Trotamúsicos”, pois xa levan dende o Nadal, ou mesmo antes, cos preparativos. Unha cousa que está demostrando o relevo xeracional que vive estes últimos anos a escena copleira fisterrá, é o volume das comparsas, pois van ser moito máis numerosas que estes últimos anos, nos que case non entraban na pista do pavillón. ”Para o Entroido de Fisterra é moi gratificante xa que as novas xeracións son o futuro e os que dentro de varios anos serán os que tomen o relevo e conserven o entroido máis tradicional da Costa da Morte, o Entroido na Fin do Camiño”, apunta Silvia.

Novas do Entroido Fisterrán

Máis novas

Fonte

Comentarios