Luns. 29.04.2024
El tiempo

Esixen á Xunta a delimitación oficial do Camiño a Fisterra-Muxía

Reunion da Asociacion de Camino Fisterra-Muxia en Fisterra
Reunión da Asociación de Camino Fisterra-Muxía en Fisterra
Esixen á Xunta a delimitación oficial do Camiño a Fisterra-Muxía

A Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra e Muxía celebrou o pasado venres a súa primeira xuntanza tras os cambios acontecidos nos seus membros con motivo das eleccións municipais de maio de 2023. A orde do día tratou de analizar o estado de contas da asociación, ademais de intentar sacar un proxecto a través subvención concedida pola Deputación de A Coruña.

Pero o punto punto máis importante do día, aprobado por unanimidade, foi solicitar á presidencia da Xunta dunha reunión para tratar a “oficialización” do camiño dende Santiago a Fisterra e Muxía.

Pero entón? O noso Camiño non estaba “oficializado”?
”Oficial está Oficial, máis que oficializado, o fai falta é “delimitalo”, delimitar o percorrido oficial”, explica Jesús Picallo, presidente da Asociación Solpor, dando conta de que a entidade xa solicitou en innumerables ocasións este feito á Xunta.

”É unha demanda que vén de lonxe”, explica Antón Pombo, un dos maiores expertos do mundo na materia, que cazamos precisamente por Aragón facendo, por enésima vez, o Camiño. “Oficializar xa está oficializado, está recoñcido pola Xunta como un dos 9 Camiños, pero falta a delimitación oficial do Camiño, é dicir, facer a cartografía detallada cun equipo técnico de por onde vai o Camiño, abrir un período de exposición pública… “, explica.

A realidade é que a meirande parte do noso Camiño está só sinalizado, e cómpre solucionar esta carencia. “O Camiño xa é máis sólido, de feito, xa ten o tramo dentro do Concello de Santiago delimitado, e non é problemático, porque camiño bastante rural, e boa parte coincide cos camiños reais antigos”, explica Pombo. “Pero si pode haber problemas en núcleos urbanos, sobre todo en Cee, porque hai varias rutas, o camiño real, o medieval…”

O membro da Asociación Amigos do Camiño lembra que houbo casos, como o do Camiño Inglés, que cando se delimitou oficialmente cambiou nun 40% da súa sinalización oficial. E dá directrices para esa delimintación: “a traza histórica hai que conservala e protexela, pero tamén hai adecuarse ás circunstancias do presente. Non podes meter o camiño por unha estrada por moi histórico que sexa, por seguridade. Hai que buscar o equilibro entre a protección histórica e facer unha ruta cómoda para o peregrino”.

Ao mesmo tempo explica a necesidade adorbar a delimitación por varios motivos: “Vai haber unha zona máis ampla de protección, e ofrece seguridade ao tecido empresarial. Imaxina que abres un negocio nunha zona por onde pasa o camiño e despois cho cambian…”

Participantes

Baixo a presidencia de Áurea Domínguez Sisto, alcaldesa de Fisterra e ca asistencia de Emilia María Trillo Lojo, concelleira do concello de Cee, que actúa de secretaria, reuníronse no salón de plenos do Concello de Fisterra, Blas Gracía Piñeiro, alcalde de Ames, Manuel Anxo Leis Míguez, alcalde de Negreira, Raúl González Lado, alcalde de Dumbría, Francisco Santiago López, Concelleiro de Corcubión, Sonia Moure, técnica de Turismo de Ames, Tomás Freire Blanco, ADL de Dumbría, María Campos López, ADL de Corcubión e Osvaldo Santos Lobelos, ADL de Fisterra.

Comentarios