Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Falece o home que caía onte dun tellado en Fisterra

Falece o home que caía onte dun tellado en Fisterra
O falecido caia do tellado da sua casa a entrada de Fisterra

Está nunha mala época o pobo de Fisterra en canto a traxedias. Aínda co pasamento do cativo de 8 anos na mente, onte luns, un home de arredor de 60 anos, caía do tellado da súa vivenda na entrada de Fisterra, cando limpaba os cristais da casa. O helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela evacuábao despois de ser chamado polo 112, a raíz da chamada dun particular ás 13:40h, que indicaba que a persoa, trala caída, estaba a sangrar.

Despois de 24 horas no Hospital, o home non conseguía saír adiante e hai pouco nos confirmaban que falecía. Segundo fontes cercanas era un home moi querido tanto en Fisterra como en Cee, onde fora mestre.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios