Falece María Marcote Boullosa aos 110 anos como a persoa máis lonxeva de Galicia
Triste o día de hoxe na vila do Cristo. Triste polo falecemento, aos 110 anos de idade, da persoa máis lonxeva da Costa da Morte, de Galicia, e a terceira a nivel estatal. Xa era toda un símbolo do país, dona María Marcote Boullosa, demostrando sempre unha vitalidade espectacular.
María, que nacía un 28 de setembro de 1901, era unha das 8.000 persoas centenarias de todo o estado. A última vez que se amosou en sociedade foi na última Xuntanza de Maiores, onde o alcalde José Manuel Traba fíxolle entrega dun ramo de flores na súa propia casa.
Día de luto local
A raíz da nova, o Alcalde do Concello de Fisterra, tras acordo dos distintos grupos, decretou este mércores 5 de Outubro de 2011 día de luto oficial polo falecemento da veciña da vila Dona María Marcote Boullosa.
As bandeiras ondearán a media asta na súa memoria.
Novas relacionadas
- Maio 2011: Os maiores de Fisterra tiveron cita co baile.
- 28-10-2008: E María cumplíu 108 anos .
- Xaneiro 2008: Unha de centenarios na Costa da Morte.
- Achegando o sabor do mar ao interior.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).