Martes. 21.05.2024
El tiempo

Un ferido tras unha saída de vía en Fisterra

CONSORCIO - ACCIDENTE FISTERRA
Un ferido tras unha saída de vía en Fisterra

Unha saída de vía aconecida este domingo deixa unha persoa ferida na AC-445, ao seu paso polo concello de Fisterra.
A incidencia ocorreu á saída da rotonda que da acceso á parroquia de Sardiñeiro. Unha vez que os bombeiros chegaron ao lugar, o condutor do vehículo, único ocupante do mesmo, atopábase desorientado e precisou asistencia do 061 antes de ser trasladado ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

O operativo estivo integrado pola Garda Civil de Tráfico da Coruña, o 061 de Cee e voluntarios de Protección Civil de Fisterra.

Outros sucesos da fin de semana

Comentarios