Luns. 29.04.2024
El tiempo

Aparatoso accidente en Coristanco

CONSORCIO - ACCIDENTE CORISTANCO
Aparatoso accidente en Coristanco

Este pasado sábado 6 de abril, arredor das 12:00h, rexistrouse un accidente de tráfico na  estrada AC-552, á altura do punto quilométrico 38 ao seu paso pola parroquia de Traba, no concello de Coristanco.

O vehículo atopábase fóra da vía e o condutor foi quen de saír polo seu propio pé. O ocupante do vehículo precisou asistencia do persoal sanitario do 061 e foi trasladado posteriormente ao CHUAC.

No operativo participaron a Garda Civil de Tráfico A Coruña, o 061 de Carballo, GES Ponteceso e o SMPC Coristanco.

Comentarios