Venres. 26.04.2024
El tiempo

Fisterra descobre a intrahistoria da traxedia do naufraxio do HMS Captain

Presentacion Na busca do Captain en Fisterra
Así foi a presentación en Fisterra do proxecto Na busca do Captain
Fisterra descobre a intrahistoria da traxedia do naufraxio do HMS Captain

Xa ten pasado por varios centros de ensino, pero este xoves, o proxecto Na busca do Captain vía a luz oficialmente. A presentación tiña lugar no Salón de Actos do Concello de Fisterra, e na que repasou o nacemento e os obxectivos desta singular iniciativa que afonda no patrimonio subacuático da Costa da Morte.

Porque o HSM Captain non era un boque normal. Falamos dun acoirazado inglés que foi, no seu momento, a xoia da corona armada Royal Navy británica, pero que acabou naufragando preto de Fisterra no 1870. Un temporal levaríase máis de 500 mariñeiros (só 18 membros da tripulación sobreviviron) ata fondo do mar galego.

Nunca se atopou este poderoso acoirazado, e o proxecto quere intentar sacalo á luz. Xa levan unha marea de entrevistas con mariñeiros e veciñ@s do lugar para ir afiando as pesquisas que contaron as súas vivencias en primeira persoa cos naufraxios máis recentes e e que lles deron aos autores unha visión única sobre o que é a Costa da Morte, o seu mar, e o que significa vivir nela.

Especialmente Pepe de Oleghario particicipou no proxecto, pero tamén aportaron importante material Fernando Carrillo de Buceo Finisterre, Rafael Lema, Suso Lista, Tono Fernández de Buceo Malpica, Manolete, Xaime Beiro, Isa Suárez, Celia Pérez ou Bruno Rivera.

Paralelamente, este proxecto financiado pola Deputación da Coruña, realizou unha completa investigación documental para atopar os datos máis relevates sobre os pecios atopados (ano de afundimento, nome do navío, historia do suceso, coordenadas...). Levouse a cabo acudindo a fontes bibliográficas e museísticas.

O resultado é esta completa web: www.nabuscadocaptain.es, que tamén se espalla polas redes sociais, así como unha completa memoria de conclusións que podemos disfrutar lendo ou escoitando.

   

 

Outras novas sobre Naufraxios

Comentarios