venres. 24.01.2025
El tiempo

Fisterra enteira prepárase para o Mercado de Nadal na Fin da Terra

A Comision de Festas de Fisterra no Mercado da Fin da Terra do ano pasado
A Comisión de Festas de Fisterra no Mercado da Fin da Terra do ano pasado
Fisterra enteira prepárase para o Mercado de Nadal na Fin da Terra

Únese toda Fisterra para a organización do Mercado de Nadal na Fin da Terra. Un evento que se celeberá na Praza da Constitución o 21 de decembro, baixo a organización do Concello de Fisterra e A.C.D. Rapacollón´s Big Band, e cola colaboración das Xunta Local da A.E.C.C. de Fisterra, Centro Cultural e Recreativo O Casino, Comisión de Festas do Cristo, Asociación Enredando e Asociación Aspadex.

Esta será a segunda edición neste formato onde colaboran varias asociacións sen ánimo de lucro ocupando seis casetas que ofertarán diferentes produtos de artesanía, doces típicos, tapas variadas, bebidas, etc.
Terá lugar na Praza da Constitución e haberá xogos populares para os máis cativos e actuacións para todos os públicos dende as 12:00 h. ata as 20:30 h.

Programa

MERCADO DE NADAL NA FIN DA TERRA 2024_page-0001 (3)

Máis novas

Comentarios