O Centro Comercial Finisterrae acolle este Nadal o posto solidario de artesanía de Egueire
Trala exitosa celebración da Cea Solidaria de Nadal, a ONG Egueire invita a toda a veciñanza a achegarse polo Centro Comercial Finisterrae de Cee para visitar o seu posto solidario durante este Nadal.
Un espazo, sito na primeira planta do centro da comarca, que ten unha fermosa mostra de artesanía africana, chea de historia, que serve ademais para axudar a desenvolver os necesarios proxectos
A entidade busca tamén xente que poida colaborar na atención do posto, e poden poñerse en contacto a través del [email protected] o en el teléfono 629864108.
O horario de apertura será o seguinte:
De luns a sábado: Mañá: 10:30 h a 13:30 h. - Tarde: 17:30 h a 20:30 h.
Domingo: Mañá: 10:30h a 14:00h
Horario especial:
24 e 31 de decembro - de 10:30 a 19:00 h.
5 de xaneiro - 10:30h. a 21:00h
Pechado: 25 de decembro, 1 de xaneiro e 6 de xaneiro