Fisterra expón a súa artesanía no Faro

09:15 26/03/13

Xa non están moitos daqueles estranos peixes globos, tan habituais do noso mar atlántico... Agora, as casetas do Faro Fisterra contan con artesanía da casa, como a que amosa Ana Belén Senlle Moure, concesionaria da caseta número 2, denominada “Orcabella Artesanía”.
Esta semana Santa, no marco das Festas do Cristo, a artesanía completará a oferta de devoción e festa. Terán lugar na tenda de Orcavella varias actividades de "Artesanía en vivo":
- Xoves Santo = Xoieiría en prata e vidro realizada por “ESTHER FERREIRO”.
- Venres Santo = Oleiría de Buño realizada polo “OBRADOIRO CAMBON”.
- Sábado de Pascua = Artesanía e manualidades realizadas pola “ASOCIACIÓN ASPADEX”.
- Domingo de Resurrección = Encaixe de Bolillos realizados por palilleiras de Camariñas e Muxía.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).