Cinco incendios en apenas dúas semanas rexistrados no termo municipal de Fisterra. Algo pasa en Fisterra. Algunha investigación podería comezar a facer xa a Garda Civil.
De feito, a Consellería pide xa a “colaboración cidadá para intentar atopar a ese incendiario que parece evidente que está operando estes días pola zona”.
Novo incendio na zona de Cabanas
Fotos de Kuka Sar
Pasadas as 15:40 deste xoves 16 de agosto rexistrábase un novo incencio na vila do Cristo. Dábase en Cabanas, embaixo da estatua do Peregrino, en pleno Promontorio Nerio.
Foi controlado unha e media hora despois tras arrasar con 2 hectáreas, segundo informa o teniente alcalde Kuka Sar.
Interviron 2 axentes, 5 brigadas, 4 motobombas e ata 5 helicópteros.
Incendio en Mallas, moi preto das casas
Incendio en Mallas moi preto das casas-Foto-Martin Romero
Desta volta o incendio rexistrouse ás 5:15 da madrugada deste mércores a xoves 16 de agosto, moi preto do lugar da Mallas, na parroquia de Duio. Tardaron en chegar os medios, pero chegaron a tempo 2 axentes, 4 brigadas e 5 motobombas, para que o lume non chegase as casas. En todo caso, non impediu que moitos veciños pasasen a noite en vela.
Finalmente foi controlado ás 10:35 da mañá, tras arrasar 1,3 hectáreas de arborado.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/controlan-rapidamente-o-terceiro-incendio-fisterran-en-duas-semanas/
https://quepasanacosta.gal/novo-incendio-desta-volta-no-cabo-da-nave-de-fisterra/
https://quepasanacosta.gal/un-importante-incendio-arrasa-o-monte-facho-de-fisterra/