venres. 02.05.2025
El tiempo

Fisterra prepara os seus santos

Fisterra prepara os seus santos

A Comisión de Festas do Cristo, formada polos socios da Asociación Pedras Santas de Fisterra, está con últimos detalles das míticas Festas do San Cristo de Fisterra, declarada Festa de Interese Turístico Nacional. E todo mentres que Fisterra baila a ritmo de house. Pero iso será este sábado 16 de abril, xa que a partir deste luns 18 a vila de Fisterra vese invadida por un fervor relixioso.

Trátase da cita relixiosa máis importante do ano na Costa da Morte. As escenificacións son o maior reclamo nas que participa todo o pobo e ata o propio alcalde. As da Pasión de Cristo fanse o Xoves e Venres Santo e son seguidas por miles de romeiros nas inmediacións da Igrexa de Santa María das Arenas. E tamén ten lugar a procesión do Santo Enterro polas rúas de Fisterra.
O día principal é Domingo de Resurrección, cando, trala representación no campo da Igrexa Parroquial , se baila a danza dos paos.

Ademais a festa tamén se dá ben pola noite, e son auténticas orquestazas as que pasan pola praza da Ribeira, como o o ano pasado cando a Panorama montaba un bo Cristo.... Este ano aí é nada: París de Noia o sábado e Panorama o domingo, entre outras...

Así, durante toda a semana haberá actividades para todos os gustos, tanto para o público familiar, como actos festexeiros ademais dos coñecidos actos relixiosos.

Programa de Actos Familiares

Programa de Actos Lúdicos

Programa de Actos Relixiosos

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios