venres. 02.05.2025
El tiempo

A Costa prepárase para o seu primeiro Festival de música electrónica

A Costa prepárase para o seu primeiro Festival de música electrónica

A Axenda Sonora da Costa da Morte xa ten o seu Festival de música electrónica. Os festivaleiros e os amantes do house estanse preparando, e durmindo moitas horas para estar fresco na festa do sábado 16 de abril.

I é que a dous días do I Festival House Finisterrae, os organizadores da Discoteca Zona Zero (que por certo, manterase pechada na noite do sábado) e de NNXX de Fisterra, están ultimando os preparativos no polideportivo de Sardiñeiro.

Son moitas as medidas de seguridade que se van a tomar para ese día esperando que todo sea un éxito como o esperado.

Motor, house e moito máis

A festa comezará a partir das 0:00h coa exhibición de motos e quads na zona da festa. E a continuación... 8 horas de música house. 8 horas nas que actuarán os mellores dilleis de toda Europa, co serbio Vlada Asanin como gran invitado, e co trío de pinchas Fisterras Mafia como auténticos anfritrións e protagonistas.

Aquí vos deixamos cunha "peza" dos pinchas fisterráns.

Fisterra´s Mafia - Qbale ( Promo ) by Fisterra's Mafia

Bus nocturno

A partir das 23:30 horas comezará a salir o servicio de bus de Cee e Fisterra e así durante toda a noite.

Máis información

Xa saben, se queren contratalos non dubiden en contactar con eles a través do Facebook (Fisterras Mafia, ou enviando un correo a techmafia@hotmail.es.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios