Fisterra loita por "recuperar" o distintivo de Festa de Interese Turístico Nacional
Van moitos anos de mentira arredor da Semana Santa de Fisterra. E non porque non sexa unha das Festas sacras máis impresionantes da península, na que participan 2.000 fisterráns, case a metade da poboación municipal. Se non porque non é, como asegura a web municipal ou en Turgalicia, Festa de Interese Turístico Nacional.
Disto, enterouse o pasado ano a Xunta de Confrarías da Semana Santa fisterrá, cando se puxo a traballar, xusto ao remate das festas de 2014, pola subvención que as administracións outorga ás Festas co distintivo a nivel Nacional. Foi aí cando se enteiraron que as Festas do Cristo eran só Festa Turística de Interese Galego, dende hai 30 anos, a pesar de todas as veces que se ten mencionado.
A “recuperar” o distintivo
Cómpre poñerse a traballar para conseguir un distintivo que si teñen as Festas da Barca de Muxía, e aí leva todo o ano a Xunta de Confrarías mans á obra xuntando material para conseguir presentar un documentado dossier. Un DVD, datos de información turística, información sobre o arraigo e tradición da festa, datos organizativos, notas de prensa a nivel estatal, apoios do Concello e autoridades… Xa teñen 500 páxinas e segue medrando.
Necesitan ademais a aprobación do pleno para poder facer a petición formal, pero a pesar das promesas e mentiras do anterior alcalde popular, nunca foi a pleno, para intentar agochar a nova.
Vén de enteirarse o novo goberno formado por PSOE e BNG, e xa o sacou á luz a problemática e afirman que “axudarán e colaborarán” coa Xunta de Confrarías para conseguilo.
Novas relacionadas
- A Semana Santa de Fisterra foi distinguida por manter vivas as tradicións seculares.
- As 9 Festas Turísticas da Costa da Morte.
- Festas do Cristo 2015: Fisterra, un pobo enteiro volcado coa súa Semana Santa.
- Festas do Cristo 2015: A Semana Santa de Fisterra colgou o cartel de completo.
- Festas do Cristo 2015: Fisterra estreou con gran éxito a nova imaxe da Borriquita no comezo da Semana Santa.
- Festas do Cristo 2014: O pobo mantén viva a chama da fe na Semana Santa de Fisterra.
- Festas do Cristo 2013: De viaxe pola Semana Santa na Costa da Morte.
- Festas do Cristo 2012: O sol renace canda Cristo nunha chea Semana Santa de Fisterra.
- Festas do Cristo 2011: Fisterra respirou devoción a pesar do tempo.
- Festas do Santo Cristo 2010: Fisterra respirou espiritualidade.
- Festas do Santo Cristo 2010: A Panorama “montou un bo cristo” en Fisterra .
- Festas do Santo Cristo 2009: E Cristo resucitou en Fisterra.
- Festas do Santo Cristo 2009: De procesión na Semana Santa de Fisterra .
- Festas do Santo Cristo 2008: “A Semana Santa en Fisterra non se pode describir, hai que vela e vivila”.
- Redacción de QPC ([email protected]).