Venres. 26.04.2024
El tiempo

Fisterra estreou con gran éxito a nova imaxe da Borriquita no comezo da Semana Santa

Fisterra estreou con gran éxito a nova imaxe da Borriquita no comezo da Semana Santa
A Borriquita na Semana Santa de Fisterra 2015-Foto-Dario Gomez Estrea da Borriquita na Semana Santa de Fisterra-Fptp-Dario Gomez

Un éxito completo no comezo da Semana Santa máis auténtica da Costa da Morte. O venres xa saíu a Virxe das Dores e o sábado tocaba a peregrinación de Cristo. Pero a cita máis esperada por todos os fregueses nestes primeiros días santos, era a estrea, no Domingo de Ramos, da nova imaxe da entrada triunfal de Xesús en Xerusalem, a coñecida como a Borriquita. Unha imaxe recén chegada de Portugal, feita en madeira pola empresa Artesacra, e que é unha talla única feita exclusivamente para Fisterra.

Segundo nos contan varios membros da Xunta de Confrarías, Javi Trillo Castro e Diego Díaz, “a nova imaxe parece que lle gustou a todo o mundo”. Así o percibiron nas caras dos veciños fisterráns, que seguiron a Xesús montado no burro durante a hora e media que durou a procesión entre a Capela do Buen Suceso e a Igrexa de Santa María das Areas. Xente e máis xente íanse sumando á procesión, que este ano acollía moitísima xente e mesmo xente da comarca, de Cee e Corcubión, sobre todo, e tamén, moito turista interesado nesta Festas de Interese Turístico Galego que colle máis e máis sona, sobre todo co bo traballo da Xunta de Confrarías.

Esa unión dá froitos e demostra que a cousa mellora. Por exemplo, a organización para levar a Burrica foi da man da propia Xunta, contando con 4 membros de cada Confraría que se xuntaron para portar a Burrica. Ademais, este ano a mocidade é protagonista, e así o comprobamos pois comitiva organizadora a formaban 52 mozos da vila do Cristo.

Domingo de Ramos na Semana Santa de Fisterra-Foto-Dario Gomez A Borriquita chegando a Igrexa-Foto-Jose Carrillo

Continúa o programa completo

Segue adiante o completo programa de procesións. O Mércores Santo volverán, e ademais haberá outra estrea co Vía Crucis. E como non, despois de toda unha fin de semana de procesións, xa esperamos esa cita multitudinaria da Resurrección, que este ano será presidida polo mesmo Obispo de Compostela.

O programa festexeiro non arrincará ata o sábado, pero chega con moita forza.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios