Fisterra rende homenaxe a Rosalía
08:05 15/02/13
Este vindeiro domingo 24 de febreiro, o Salón de Actos do Concello de Fisterra acollerá unha sesión cultural polo Día de Rosalía de Castro. "Con canto encanto..." titúlase a sesión, que consistirá na interpretación teatral adicada á escritora a cargo de Tamara Lema, acompada de poesía e música da man de Alba Costa.
Ademais, procederase tamén á lectura pública, para o público en xeral da obra da poeta galega por excelencia.
Novas relacionadas
- Os pequenos de Ponteceso celebran con Rosalía o 178 aniversario de Pondal.
- A Fundación López Abente xa prepara o Cincuentenario do falecemento do autor e a homenaxe a Rosalía.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).