Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Fisterra si terá Festas do Cristo

Fisterra si terá Festas do Cristo

Non terán nada que dicir os maiores da Casa do mar que no Entroido deixaban caer que haberíaunha revolución se non houbera Festas do Cristo en Fisterra. Pero habelas hainas, e como as meigas, o Cristo renace ano tras ano para convertir Fisterra no centro das miradas de todo o país. Iso si, sempre cun ollo na veciña Mostra do Encaixe de Camariñas.

A Semana Santa será completa, tanto de actos relixiosos como paganos e festexeiros. Os actos relixiosos comezarán o venres 30 de marzo e non pararán ata o 8 de abril, lembrando o cartel desta volta que "El final del Camino está en Finisterre".

As noites de troula concentraranse no sábado 7 de abril, coa Nebraska e a Marbella, o domingo 8, con nada menos que a Panorama (que repite para montar un bo Cristo...) e a Isla; e o luns 9 de abril, que pechará as festas da man da Nueva Generación tras unha tarde de xogos para nenos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios