venres. 08.11.2024
El tiempo

Fisterra solicita acondicionar espazos para o helicóptero de Salvamento

Fisterra solicita acondicionar espazos para o helicóptero de Salvamento
Piden acondicionar a pista para aterraxe de helicopteros Piden acondicionar a pista de enfronte da Igrexa para aterrizaxe de helicopteros

Seguimos, dende a tráxica historia do heliporto de Lires, a Costa da Morte continúa sen a súa Base de Salvamento. Apenas ten lugares onde poida aterrar o helicóptero en caso de emerxencia e como pola zona do Corridor de Fisterra, lamentablemente sempre acontecen sucesos indesexables, dende a vila do Cristo solicitan unha pista.

É a Asociación de Veciños Costa da Morte a que, ante a necesidade de contar con lugares sinalizados para a aterraxe de helicópteros de urxencia, pide solucións. Lembran a historia recente n que se tivo que evacuar a un accidentado e non se atopaba un espazo para que o helicóptero puidese aterrar con garantías, tendo aque facelo finalmente no campo de fútbol, pero coa preocupación de saber quen tiña as chaves.

Para que isto non volva acontecer piden que se adecuen espazos como a antiga pista polideportiva situada en fronte da Igrexa, a zona de San Roque, o aparcamento da Praia Langosteira, xunto ao río Branco, na Anchoa, ou no recheo, fronte a Casa do Mar, que se ben non serve para a construción do novo centro de saúde, si servirá para emerxencias.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios