Martes. 21.05.2019
El tiempo

Fisterra terá por fin Casa da Cultura no Mercado Municipal

Fisterra terá por fin Casa da Cultura no Mercado Municipal
O Mercado MUnicipal de Fisterra acoller a nova Casa da Cultura A plata alta do Mercado Municipal de Fisterra acollerá a nova Casa da Cultura Conseguían hai poucos meses deixar de ser un dos poucos concellos deo país sen Biblioteca. E en breve conseguirán facer que a vila do Cristo teña, por fin, unha Casa da Cultura. Ou máis ben un “Mercado Mariñeiro e Cultural”, como se chama o proxecto, pois o novo Salón de Actos instalarase na planta alta do mercado municipal de Fisterra. Despois de moitos meses de negociacións na Deputación dos concelleiros do BNG Kuka Sar e Teresa Fernández, esta mañá, o pleno da Deputación da Coruña aprobaba unha modificación de crédito onde van incluídos varios proxectos, entre eles, unha partida de 200.000€ para o proxecto. Unha achega que supón un financiamento do 80% dos gastos totais da obras que ascenden a 253.475 euros. Unha necesidade fundamental que tiña a vila fisterrá dende hai tempo, obrigado a facer eventos como as estreas teatrais no pequeno Salón de Actos do Concello. Pasará das 100 butacas coas que conta o salón do Concello, as 200 butacas que terá o novo Salón de Actos do Mercado Municipal, ese novo espazo que “pretende ser unha instalación multidisciplinar que albergue de forma permanente algunhas das instalacións, actividades e recursos culturais municipais ademais de acoller concertos, obras de teatro, conferencias e cursos”. Ademais do Salón de Actos, construirase un bloque de aseos e habilitaranse un espazo para local de ensaios musicais debidamente acondicionado e unha saa de xuntas e reunións.

O Mercado, un espazo cheo de vida

A proposta de facer a Casa no propio Mercado coincide perfectamente coa idea do actual grupo de goberno de dinamizar este espazo, con iniciativas como o Mercado de Inverno. Así mesmo a subvención provincial facía fincapé na importancia de non levantar outro eficicio para albergar esta infaestrutura cultural, de aí que a proposta de convertir o Mercado Cultural sexa ideal para recibir a axuda. Un Mercado quepasa por un momento de decadencia debido ao desuso da maioría dos postos de venta. A día de hoxe apenas contas con 3 ou 4 postos de produtos frescos que ademais, só veñen en días de feira. A proposta de reforma inclúe a modernización e reordenación dos espazos, pero sen perder o seu propósito de orixe: un importante mercado de peixes e mariscos que plasmaban á perfección o tipismo e tradición desta vila mariñeira. Así que o "Mercado mariñeiro", a planta baixa, tamén sufrirá varias moficacións pois se habilitarán oito postos de venda, un dos cales estará orientado á actividade hostaleira e gastronómica para a preparación e degustación de produtos típicos do mar de Fisterra. Neste sentido, reordenarase o espazo interior e melloraranse os accesos, substituíndo as actuais entradas con portas acristaladas con perfilaría de aluminio por portas automáticas que cumpran coa normativa de accesibilidade. Tamén se substituirá un corpo de fiestras situadas na fachada este da planta baixa do edificio e modificarase a fachada principal para facilitar a apertura das portas automáticas e dar mellor iluminación ao posto de actividade hostaleira.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-cativs-os-primeiros-protagonistas-da-recen-aberta-biblioteca-de-fisterra/

Comentarios