Fisterra vibra con Eddy
”Moi orgullosa” está a súa familia de “como é e de como está concursando”. E orgullosa está Fisterra enteira de ver ao seu veciño nun dos programas máis vistos da televisión estatal. Eduardo Insua Díaz, Eddy para tod@s, leva 3 días no Gran Hermano, o epiterno programa de Tele5, levando a Fisterra ás casas de todo o estado.
As redes botan fume estes días cos vídeos de como Eddy recibía a nova de que ía vivir a experiencia dende dentro. Este fisterrán é coñecido dende sempre na vila do Cristo, foi xogador do Fútbol da Costa durante moitos anos, e quedou preto de ser un futbolista, o seu soño.
A día de hoxe, aos seus 34 anos, é pai dun neno de 3 anos e é emprendedor do negocio turístico emerxente Cabañas Fisterra, unhas fermosas cabanas de madeira que miran ao mar. Fai de todo como en toda empresa familiar, levando unha “vida normal, como a de calquera traballador e/ou emprendedor”, como el mesmo se define nos vídeos de presentación.
Quédalle agora unhas semanas de vertixe emocional, facendo ese negocio da vida familiar e laboral para vivir “una aventura totalmente diferente”. Chega libre, e con ansia por “competir e chegar á final, que a xente vexa como son”. Eddy ten personalidade suficiente para non necesitar facer ningún papel, e os seus ollos e o seu corpazo farán o resto.
Algo de experiencia sobre o escenario xa ten, como demostrou sobre a pasarela nun desfile da SD Fisterra.
Mentres, a súa vila vibra ao escoitar a Jorge Javier dicir Fisterra unha e outra vez no prime time da tele estatal, e paladea escoitalo confesar sentirse "superorgulloso de pertenecer" a Fisterra.
@eddyinsuadiaz #telecinco #granhermano #mediaset #eddygh #granhermanotiktok #finisterre #ghoficial ♬ sonido original - Eddy fisterra GH