![Roberto Traba Velay, Santiago Insua, María José Lago Traba, Modesto Fraga e Alexandre Nerium.]()
Este pasado sábado o pobo de Fisterra vivía o nacemento dun novo libro, o do
primeiro poemario de María José lago Traba. Unha presentación, que como todas as que se desenvolven na vila do Cristo e relacionadas coa literatura, tivo unha moi boa acollida. Máis de cen fisterráns, e de moitas partes de Galicia,
acudiron á chamada dos fados da literatura, como apunta o propio Modesto Fraga, un dos invitados a participar no debate, para
compartir o misterio e a dozura da palabra.
O hotel Cabo Finisterre fixo de marco ideal para a presentación. Escoltando a Marisé estaban os pesos pesados do eido cultural e da poesía da vila do Cristo. De esquerda a dereita vemos a Roberto Traba Velay, o concelleiro de Cultural Santiago Insua, a propia Marisé, Modesto Fraga e Alexandre Nerium.
Trátase do primeiro poemario de Marisé, e do seu primeiro libro en galego. Ten por título
"Sorriso das tebras" e vén sendo un conxunto de poemas máis ou menos persoais sen unha temática concreta.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Información de Modesto Fraga.