Venres. 19.04.2024
El tiempo

Fisterra volveu colgar o cartel de "Cheo" por Semana Santa

Domingo de Resurreccion na Semana Santa de Fisterra 2022 2
O Domingo de Resurrección, un dos grandes atractivos da Semana Santa de Fisterra. Fotos de José Fernando Carrillo
Fisterra volveu colgar o cartel de "Cheo" por Semana Santa

Volveu a normalidade a unha das celebracións da Semana Santa máis importantes do país. Fisterra enteira (é certo que practicamente medio pobo está involucrado dalgún xeito) volveuse volcar con esta celebración que mestura fe e troula, e que viu este 2022 como aumentou a xente que vén de toda a comarca e mesmo da provincia.

Porque nas longas (algunhas extendéronse ata as 1:00h da madrugada provocando que os lombos dos costaleiros quedasen bastante mallados) e ateigadas procesións, notouse que ademais da habitual e numerosa cantidade de xente que acompaña ás imaxes, si que houbo aglomeracións en diferentes puntos para observar os pasos, tipo os desfiles do entroido. Así, no Cabo da Vila, diante da estación de bus, na praza ou na baixada e subida á Igrexa había moitos grupos (moita xente de Cee que vai facendo súa tamén esta festa).

Todo nunha fin de semana de sol, e sen incidencias, onde o Faro rexistrou unha cantidade espectacular de visitas xa dende o xoves, e a hostalería colgou o cartel de “Cheo”. Hoteis, albergues… ao 100% e a hostalería enganchando comidas con ceas, dando conta da importancia desta data para o sector.

Procesion na Semana Santa De Fisterra

Deste xeito, dende a Xunta de Confrarías só valoran positivamente a fin de semana, e non queren deixar de “agradecer a colaboradores da Igrexa, membros das Confrarías, Concello, Departamento de Cultura, Protección Civil, Policía Local, Coros Parrroquiais, as Bandas, a todos os personaxes vivintes, e a todos os que fan posible que esta semana santa sexa considerada unha das mellores do país”.

Entre os eventos máis singulares, cómpre resaltar que a representación da Última Cea sorprendeu coa presencia de Pai Britto, vendo como Suso no Atrio da Igrexa segue emocionando coma sempre.

Santo Encontro na Semana Santa de Fisterra 2022
Costaleiros no Santo Encontro-Foto: José Fernando Carrillo

As procesións sabatinas, do Santo Encontro (canto agradecen ver o sol ao mencer dende a Xunta) e o Santo Enterro, celebráronse con gran participación, así como a Vixilia de Pascua que se realizou na igrexa.

Vigilia Pascua Semana Santa Fisterra 2022
Vixilia de Pascua na Igrexa-Foto- José Fernando Carrillo

Especial interese sempre recibe a representación do Domingo de Resurrección. Milleiros de persoas ateigábanse no campo da Igrexa para vivir esta singular demostración de fe. Sorprendeu, e moito, a novidade (tíñano moi caladiño) de que este ano todo foi con personaxes vivintes, mesmo o Cristo Resucitado, que fixo Suso, e que gustou moitísimo á xente.

Domingo de Resurreccion na Semana Santa de Fisterra 2022

Que dicir das verbenas. Non se collía na Praza da Ribeira, con lío ata ben entrada a mañá. O domingo coa Panorama foi tremendo.

Aínda queda o luns, ese luns pensado para a xente da vila, coa misa dos cofrades pola mañá, a sesión vermú, a festa infantil pola tarde, a verbena con Fama pola noite.

Novas relacionadas

Comentarios