Venres. 03.05.2024
El tiempo

O fisterrán Brais Pichel, entre os finalistas a Cociñeiro Revelación de Madrid Fusion 2024

Un Sol para o Restaurante_Terra_Brais_Pichel
Brais Pichel co Sol deste febreiro
O fisterrán Brais Pichel, entre os finalistas a Cociñeiro Revelación de Madrid Fusion 2024

Anunciaba a marca de Madrid Fusion os 8 finalistas do Premio de Cociñeiro Revelación. 8 persoas “cunha sólida formación cuxo traballo nos chamou a atención pola súa claridade de ideas, entusiasmo, preparación técnica e capacidade de anticipación ao futuro”.

Entre elas atopamos a Brais Pichel, o cociñeiro do Restaurante Terra de Fisterra, que xa acadou un Sol a comezo de ano.

Contan dende a Feira que Pichel “é o novo representante da cociña nova en Galicia. Nos confíns do mundo desenvolve unha proposta gastronómica suxeita ás limitacións impostas polo territorio, entre elas a escaseza de peixe cando as frotas permanecen amarradas no inverno. Pichel rompe cos esquemas do receitario galego para ofrecer pratos cosmopolitas cheos de harmonías inesperadas. As catro mesas do seu comedor convertéronse nun punto de peregrinación para os que buscan gastronomías diferentes”.

Máis novas

Comentarios