Xoves. 22.04.2021
El tiempo

O “Foro Mirando por la Tierra” analizará para toda España a “nova normalidade”

Presentacion do FOro Mirando pola Terra no Hotel Fisterra
Guillermo Polanco e Pepe Formosos na presentación do Foro Mirando por la Tierra no Hotel Bela Fisterra
O “Foro Mirando por la Tierra” analizará para toda España a “nova normalidade”

Esta mañá de martes 16 de marzo presentábase no Hotel Bela Fisterra a segunda edición do Foro Mirando por la Tierra. Trala boa experiencia do ano pasado e as interesantes, este ano o activo hotel costeiro amplía o foco e mira, en castelán, a toda a península.

De feito, o ciclo, que pretende desenvolver 11 Foros e Conferencias nestes vindeiros 6 meses, terá unha difusión estatal, a través da rede de canles de televisións locais e a través da rede, pois serán retransmitidos en aberto a través das canles do Foro gracias ás “autopistas da información” que pouco a pouco se van instalando na fin da terra.

Pepe Formoso, director do Hotel e promotor da iniciativa, resaltou que “o Bela Fisterra é un espazo que non se entende sen iniciativas culturais e sociais, e queremos participar activamente no desenvolvento da vida e da nova realidade”. Formoso resaltou o “carácter moi ambicioso” deste “ciclo interactivo”, que tratrará de abordar a chamada “nova normalidade que nos deixa esta pandemia en diferentes sectores”. Turismo, saúde, sanidade, cultura, sostibilidade, urbanismo, orde municipal… serán conceptos que irán saíndo nas diferentes sesións, tamén formuladas para desenvolverse no auditorios de Cee, Fisterra e mesmo da Coruña, pois o Concello herculino xa amosou o seu interese por acoller algunha das xornadas.

Foi Guillermo Polanco o que debullou algunhas das citas, que xirarán arredor deses "sectores que están cambiando o seu xeito de sobrevivir, sempre dende o foco do [email protected], do veciñ@".

O primeiro foro, confirmado para o 7 de abril, versará sobre o “Reto dos Concellos á nova realidade”, e contará coa presencia de Abel Caballero (alcalde de Vigo e presidente da FEGAMP), Javier Rodríguez Palacios (alcalde de Alcalá de Henares), Sergio del Molino (escritor de “La España Vaciada”), Paula Román, Juan Creus (arquitecto e urbanista costeiro) e Xosé Regueira (vicepresidente da Deputación).

O segundo será sobre o sector do turismo, axendado para o 14 de abril, con varias mesas redondas sobre Gastronomía, turismo cultural, a incidencia do Xacobeo… presididas por Pepe Formoso e Cesáreo Pardal (presidente do Clúster de Turismo de Galicia), e no que participarán personalidades como Gurmensindo Guinarte (Concelleiro de turismo de Santiago), Carlos García Lara (da feira de Abril de Sevilla), Manuel Costiña (do Restaurante Retiro de la Costiña de Santa Comba), Carmen Pita Urgoiti. Directora de Turismo de Galicia), Antonio Catalán (Presidente de AC. Marriot), Terry Mederos (Turismo Tenerife), Guillermo Gonzalez Vallina (Iberia).

O resto dos foros aínda están abertos e versarán sobre a hostalería e restauración, sobre saúde dende o eido público e privado; sobre o Futuro da industria do deporte; sobre a situación ds medios de comuncación; sobre o sector cultura e sobre o sector do mar.

Xa está aberto o proceso inscrición, de balde, para os primeiros foros que servirá para desenvolver unhas sesións máis interactivas, pois permitirá coñecer mellor aos inscritos, que terán opción de participar a través das súas intervencións e preguntas.

Así foi a presentación:

A organización agradece a colaboración dos patrocinadores: Ámbar, Iberia, Gadis, Concellos de Fisterra e Cee, El Español, Deputación da Coruña, Gerca, Volvo.

Novas relacionadas

comentarios