Martes. 19.03.2024
El tiempo

Costa da Morte

Un resumo das conclusións máis interesantes do foro "Mirando pola terra"

Tras facer a primeira análise do foro “Mirando pola Terra”, celebrado a comezos de mes no Bela Fisterra, temos xa un resumo en vídeo interesante para ir vendo como foron as principais conclusións que se puideron sacar das intervencións do 9 profesionais de primeira liña que participaron.

A idea de potenciar unha “área residencial de calidade”, co respecto máximo do noso patrimonio, da nosa riqueza natural e cultural, a necesidade de potenciar múltiples sectores para non depender economicamente do turismo, a procura da sustentabilidade e a autosuficiencia enerxética, a ausencia de cohesión e colaboración entre os concellos, a falta de capacidade a nivel político; a falta de infraestruras… foron algunhas das ideas desta iniciativa que seguro terá continuidade.

Tamén podedes ver íntegro o foro

Novas relacionadas

Un resumo das conclusións máis interesantes do foro "Mirando pola terra"