Mércores. 01.05.2024
El tiempo

José Marcote: “Non podemos facer de Fisterra un Lourdes"

José Marcote: “Non podemos facer de Fisterra un Lourdes"
Jose Marcote alcalde de Fisterra PSOE

Tras 16 anos de goberno popular e 12 con José Manuel Traba como alcalde, estas pasadas Eleccións Municipais deixaron un cambio político claro na vila de Fisterra. Non moitos apostarían por un descalabro así do PP, que perdía 450 votos. Unha caída que deixou a maioría absoluta nas mans de PSOE e BNG, que nunha coalición xa cantada de antes das eleccións, permiten que José Marcote (PSOE) se convirta no novo alcalde, con Kuka Sar (BNG), como teniente da alcaldía.

Falamos co primeiro para analizar como atopou o Concello.


  • QPC:O primeiro, como vai a cousa no eido persoal? Parécese o traballo de director dun centro de ensino ao de “director dun pobo”?

Persoalmente, estou xa traballando 24 horas ao día. Pero fai falta con todo o que temos por diante. Este traballo non acaba nunca, só cando durmes e aínda así cando esperto xa teño 20 cousas na cabeza. Espero ir acostumándome a vivir con iso porque senón, toleo.

Se ben non é o mesmo o traballo na escola que no Concello, si que teñen en común a necesidade dunha xestión organizada. No centro de ensino estaba afeito a xestionar, e se ben as dimensións son diferentes, pois na escola son cousas máis concretas e aquí o abano de asuntos e problemáticas a analizar no día son infinitas, si que me vale unha cousa para outra.

E este Concello necesita moito traballo de planificación, e niso estamos. Por agora, apagando lumes, e recibindo xente, que leva anos con temas sen resolver e acode a nós.


  • QPC: Tras tantos anos de goberno popular, cal cre que foi a clave para que os veciños pedisen un cambio nas pasadas eleccións municipais?
  • Houbo varios factores que se xuntaron: Por un lado, o desgaste de 12 anos de goberno, xa que se non vas resolvendo problemas, vanse acumulando. Levamos anos falando da Casa da Cultura, un impulso ao Faro, o centro de saúde, a suciedade da vila… Pero nunca se resolven. Ao principio parecía que querían facer algo pero pouco a pouco foron diluíndose e os fisterráns viron que os membros do goberno de foron acomodando, e que reinou nestes últimos anos a desidia e o abandono.

    E por outro lado, houbo problemas puntuais que mosquearon directamente á veciñanza. Os temas urbanísticos xa empezaron a afectar directamente a veciños que compraron pero que aínda non puideron estrear as súas casas, porque están sen licenza. Nas aldeas nótase o abandono, e mira que a xente das aldeas non pide moit. Os paseos marítimos habería que renovalos 3. Hai unha acumulación de problemas e acabou por rebentar. Penso que os veciños tiveron paciencia de mais, en todo caso.


    Non é fácil. O que hai que ter é vontade, e insistencia. Penso que “o éxito”, entre comiñas porque aínda non acabou, está en insistir e temos que estar aí sempre.
    Agora conseguimos que non haia campamento pero esporadicamente segue habendo xente, sobre todo as fins de semana porque non hai Policía Local (temos que mirar eses horarios).

    Temos que coidar a praia entre todos, o que non pode ser é que ensucien a praia, cando é de todos.


    • QPC: Parece que están prestando especial atención ao Camiño, atendendo ao final da obra do sendeiro ata o Faro (cando estará listo, por certo?), e pedindo novas melloras de seguridade en varias zonas. Canta importancia ten, e pode ter o Camiño na vida económica de Fisterra? Que outras melloras necesita?

    Realmente o Camiño sempre foi unha preocupación en Fisterra, porque ten unha importancia vital. A afluencia de xente multiplicouse gracias ao Camiño, e se desgraciadamente o outro sector económico importante, o da pesca, vai cara abaixo, temos que apostar polo turismo. Pero tamén temos que ver que turismo queremos, e temos que ver que dimensión turística pode asumir Fisterra, ata onde temos a capidade para xestionalo. Non podemos facer de Fisterra un Lourdes.

    Aí entramos o Concello e todo o sector da hostalería, co que queremos contar para facer un produto de calidade. Temos que armar un plan conxuntamente.

    Temos por exemplo que acabar coa política do lazo. A min, cando viaxo, non me gusta que me asalten ao baixar do autobús, como se me pescaran. E aos turistas tampouco lle gusta. O primeiro paso é abrir unha oficina de información real, aberta e disponible para as necesidades do turista. Así, dámoslle a información ao turista pero que sexa el quen pregunta, se quere preguntar.

    Sobre os puntos de información, temos primeiramente que profesionalizar o do Faro, pero aí temos o problema de que a xestión non é nosa, coma no Castelo de San Carlos e o Museo da Pesca, por agora é da Neria. Espero que non haia problema en recuperalos para a xestión municipal.
    Agora, por exemplo, temos dúas técnicas de turismo contratadas a través de sendas subvencións, e necesitamos espazos para sacarlle o maior rendemento. Por agora están no albergue facilitando información. Temos varias opcións enriba da mesa, e debería ser preto da estación de autobuses, pero tamén temos un problema co espazo en Fisterra, e haberá que estudialo.


    • QPC: Falando dos problemas do marisqueo e da pesca de baixura. Que pode facer un Concello coma Fisterra para apoiar un sector tan importante para a zona?

    Temos claro que Fisterra necesita a pesca artesanal. A pesca de baixura é o perfecto complemento para a nosa oferta turística, cunha gastronomía de primeira.

    Temos que estar con eles na loita, apoiando no que eles necesiten, porque a realidade e que nos necesitamos mutuamente. Á hostalería faille falla ás navallas e ás robalizas, e aos mariñeiros e mergulladores necesita os restaurantes.

    Por iso, podemos facer de interlocutores ca Xunta na medida que eles nos pidan que falemos por eles. E tamén podemos trasladarlle aos nosos partidos as demandas dun sector tan importante, claro. Temos tamén que convencer á xente de que non todos os partidos teñen a mesmas ideas sobre este sector.


    Pois a cousa está á espera. Nós, no pleno, solicitamos que o asunto fose á Xunta Consultiva, para que nos axude a tomar a decisión correcta, e non podemos dicir que o exceso de información é malo. En todo caso, será malo quedarnos curtos e tomar decisións sen sabelo.

    Explícome. Eu estiven na mesa de contratación, e mesmo teño unha querella enriba, e a verdade cando me presentaron os papeis, e fixemos as votacións, non vin nada raro. Eu non teño coñecementos técnicos nesta materia e se o Secretario dicía que estaba correcto. Ademais, hai que dicir que non me puiden informar de todo antes da votación, pois tiven que vir unha tarde despois que convocasen o pleno só con 48 horas de antelación.

    Pero a raíz da denuncia presentada pola empresa que quedou ás portas da concesión, pois non podes quedarte corto de información. Descubrín que existe este ente da Xunta Consultiva que serve precisamente para estas cousas, e aí fumos, a pedir información. E cando respondan, tomaremos decisións: se está correcto o proceso, a empresa adxudicada no sei momento terá a concesión; que non, haberá que abrir outro novo proceso de licitación. Temos que facelo o máis transparente posible.

    A verdade é que tiñamos un criterio de avaliación que ao final case nin seguimos na votación. E hai moi poucos puntos de diferencia entre os dous proxectos.


    • QPC: Sobre a recta da Anchoa, que posibilidade hai que legalizar ou derrubar algún dos edificios que seguen a medias?

    A desfeita xa se fixo, e o dano ao pobo de Fisterra moi moi grave. Pero que o que non queremos que ademais nos supoña unha hipoteca imposible de asumir para o Concello. Esperamos que se poidan resolver.


    Temos que peatonilizar a Rúa Real. No 100% dos casos, sabemos que é un problema inicial, pero tamén sabemos que no 100% estas propostas acaban sendo un éxito.

    Estamos estudiando como facelo, para que non haia problemas colaterales demasiado graves, e xa estamos mirando de experimentar en varias zonas.


    A dedicación do alcalde ten que estar fóra do debate político. Teño claro que os políticos con dedicación, teñen que ter un soldo, porque traballan e empregan un tempo para concello. As cantidades si que son discutibles, pero comparalo co tema de Barcelona está fóra de lugar, non ten máis sentido que crear polémica. Podíamos tamén comparalo co alcalde anterior.
    Imos cobrar un soldo por facer un traballo por Fisterra, pero se o miras por outro lado é curioso que vaia cobrar menos por ser “director” dun pobo que por ser director dunha escola.


    • QPC: Que tal está sendo este primeiro mes de mandato man a man co voceiro do BNG? Prevese unha lexislatura tranquila e compartida?

    Con BNG temos as ideas moi claras, e somos coincidentes no proxecto para Fisterra. O único problema serán as persoas polo que intentaremos non fallar. Nós traballamos por Fisterra, non polo PSOE.


    • QPC: Que propostas tendes en materia de transparencia?

    A transparencia é unha prioridade para este grupo de goberno. Témolo no programa do PSdG e no acordo co BNG. O primeiro, cambiamos os horarios dos plenos para os venres pola tarde, cada dous meses, e imos darlle máis publicidade para que a xente o saiba e poida vir.

    Ademais, queremos facer da web municipal o eixe da transparencia, unha fiestra aberta do Concello aos veciños, dándolle publicidade a todo o que se faga.


    Novas relacionadas

    Fonte

Comentarios