Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Kuka Sar (BNG Fisterra): "O punto forte da nosa candidatura é o poder das mulleres nela"

Case no peche da campaña falamos con Kuka Sar, actual teniente alcalde e candidato do BNG de Fisterra.
Kuka Sar teniente alcalde Fisterra BNG
Kuka Sar (BNG Fisterra): "O punto forte da nosa candidatura é o poder das mulleres nela"
  • Fasnos unha valoración de esta lexislatura?

Esta lexislatura segue a amosar unha Fisterra máis dinámica e capaz. Tardouse un pouco en sacar dous proxectos que clamaban ao ceo facelos, como o Pavillón, (polo estado que se atopaba) o Mercado Cultural (tan necesario na nosa vila), onde fomoscapaces de atravesar todas as trabas burocráticas que tivemos para por fin poder sacalosadiante. Tamén consegueuse solucionar cuestión que levaban parados durante lustros como a cesión da estrada do faro ou tamén as cesións e melloras na zona portuaria .

Unha lexislatura que estivo marcada por unha pandemia , que houbo que estar do lado da xente cando máis o necesitaban .

Aínda que faltan moitísimas cousas por facer o utras deben de mellorarse, máis a valoración é positiva .

Pois si. Despois de asinar o convenio en decembro de 2019 todo foron percances e trabas á hora de sacalo adiante. No 2020 licitouse antes da pandemia e quedou deserto, (non se presentou ninguén), por un fallo no proxecto onde os prezos non estaban actualizados. Despois vén a pandemia e seguido un secretario, que xa non está que non o poñía en marcha. Co novo secretario , despois de actualizar de novo o orzamento no proxecto por mor da subida de prezos pola guerra, un erro de un funcionario da Deputación fixo que quedara fora de un pleno causando que o convenio que asináramoscoa Deputación en 2019 caducara tendo que esperar casi un ano para a firma do novoconvenio que por fin se asinou hai un més e pouco. Agora xa está o proxecto licitado e só falta asninar o contrato coa empresa encargada de facer a obra.

Ás cousas ás veces complícanse pero o noso compromiso, neste caso coa casa da Cultura seguía estando intacto. Ademais de poder contar con un espazo que ate agoranon tiñamos , estamos a revatilizar un espazo como o edificio do Mercado que estaba en desuso dándolle vida.

O que toca agora é seguir a buscar financiamento co proxecto que tiñamos , pois a idea sempre foi modernizar á planta baixa do Mercado tamén, para convertilo nun Mercado Mariñeiro atractivo ,tanto para a veciñanza como para a xente que nos visita .

  • Coa visiblidade notoria que protagonizas todos estes anos, cres que vas subir en votos?

(Risas...).

Eso o que ten que pronunciarse é o pobo. A visibilidade que protagonizo non é outraque a de un cargo público do BNG ao servizo da veciñanza. Nós non o vemos de outramaneira. Un cargo público do Concello está ao servizo da veciñanza en todo momento e por calqueira vía.

Eu sego coa mesma responsabilidade , ilusión que a primeira vez que me presenteicomo candidato, ao cal lle temos que sumar a experiencia que me deron estes oito anos de goberno . Máis estou convencido que como alcalde terei máis capacidade de decisión e serei quen de resolver todo aquilo que non poiden como Tenente de Alcalde. En tal caso, eso é o que nos ten que facer subir en votos para conseguir a alcaldía.

  • Que cousas cres que aínda podes aportar ao Concello?

Como comentaba antes, faltan moitísimas cousas por facer. (Ao estar gobernando en coalición o noso programa non poido saír adiante).

Queremos rematar as negociación de oito anos coa Autoridade Portuaria, dependente do estado, do Ministerio de Fomento que neste caso está dirixido polo PSOE e onde o alcalde foi incapaz de dar fin para lograr a cesión do Faro de Fisterra ou xestionar a cesión dos terreos para a posta en valor dos castros .

Pero como ben dixen antes, o que mellor que aínda podo aportar ao concello é a mesma responsabilidade, ilusión e compromiso de traballo que tiven estes últimos oito anos. De feito, eu, aínda non estou canso.

  • Cales son as novidades e puntos fortes da vosa candidatura?

O punto forte da nosa candidatura é o poder das mulleres nela. Levamos 8 mulleres de en catorce postos. Mulleres como Teresa, Cris, Marisa, Belén, Mónica, Ana , Paula ou Noelia farán que teñamos esa visualización nan necesaria para remar entre todas ata un futuro feminista.

Ademáis de eso , fomos capaces de sumar á candidatura a compañeiros que xaparticiparan no pasado pero que nunca quedaron fora da política como Pepucho ouJacobo .

En xeral , o punto forte da nosa candidatura é a equipa que formamos todas e todas .

  • Cal é o voso proxecto para o Concello

Nós temos un proxecto que queremos que sexa colectivo, no que queremos que se implique a veciñanza ,por que a xente é o corazón de Fisterra.

Aspiramos a ter unha forza ampla no goberno e a poder contar cas veciñas e cos veciños nos proxectos e obras importantes que poidamos conseguir.

Defenderemos ao sector turístico, máis tamén ao sector pesqueiro e marisqueiro así como ao comercio. Os nosos compromisos serán a nosa palabra .

Pretendemos ter o timón de mando para levar políticas transformadoras no noso concello, como demostramos nos concellos onde goberna o BNG .

Comentarios