Venres. 19.04.2024
El tiempo

Deputación e Concello de Fisterra volven asinar o convenio para facer realidade a Casa da Cultura no Mercado Municipal

Mercado Municipal de Fisterra
Deputación e Concello de Fisterra volven asinar o convenio para facer realidade a Casa da Cultura no Mercado Municipal

Décadas leva necesitando a vila do Cristo a creación dun auditorio decente, e a idea de aproveitar a primeira planta do Mercado Municipal (infrautilizada en con problemas de mantemento) sempre foi unha idea fantástica. Pero coa burocracia topou a coalición de goberno fisterrá. En 2018 presentaban o proxecto do Mercado da Cultura. Un ano despois o Concello e Deputación asinaban o convenio para o seu financiamento, pero o proceso de licitación quedou deserto porque ningunha empresa quixo realizalo.

A partir de aí, houbo unha serie de problemas burocráticos: un secretario municipal que foi deixando o expediente no caixón; algún despiste dende a Deputación que esqueceron meter a prórroga nun pleno provocando que o convenio caducase, unha pandemia… Os tempos foron pasando ata que esta mañá de venres 28 de abril Deputación e Concello volvían a asinar o mesmo convenio polo que institución provincial achega 200.000 euros para converter en centro cultural a planta alta do mercado municipal fisterrán.

O Concello xa avanzou o proceso de licitación e espera que as obras comecen moi pronto.

“O máis importante é que Fisterra poderá reclamar cunha Casa da Cultura tan reclamada”, sinala o concelleiro Kuka Sar, que lamenta os retrasos burocráticos.

 

Novas relacionadas

Comentarios