Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Máis de 1300 sinaturas piden que se retiren as pinturas da igrexa de Fisterra

Máis de 1300 sinaturas piden que se retiren as pinturas da igrexa de Fisterra
Máis de 1300 piden a retirada das pinturas da igrexa de Fisterra. Imaxes: Darío Gómez Máis de 1300 persoas piden a retirada das pinturas da igrexa de Fisterra. Imaxes: Darío Gómez A nova  asociación de veciños de Fisterra, que naceu co fin de defender o patrimonio da vila, presentou onte no concello máis de mil trescentas sinaturas coas que se solicitan a retirada da pintura de cor augamariña do interior da igrexa da santa María das Areas. Este foi un dos temas que a nova entidade veciñal tratou nunha reunión co alcalde de Fisterra, xunto con outros dez puntos máis. Reunión entre os representantes da asociación e o alcalde de Fisterra. Imaxe: Darío Gómez Reunión entre os representantes da asociación e o alcalde de Fisterra. Imaxe: Darío Gómez Durante a reunión mantida co alcalde, os membros da asociación de veciños de Fisterra solicitaron a creación dunha oficina de información turística no centro da vila e outra no faro, a aprobación do PXOM, a limpeza dos espazos verdes públicos, a recuperación de bens patrimoniais (cruceiros, muíños,...), a creación dun queimadoiro de roupa para os peregrinos coa súa debida vixilancia, dar a coñecer entre os veciños o plan director do Cabo, a posta en funcionamento da Vaca do Faro, o mantemento de forma trimestral de cunetas e vías secundarias e unha maior exhaustividade na lectura dos contadores da auga. Membros da asociación valoran como "positiva" a reunión mantida co goberno local.  

Novas relacionadas

Fonte

 

Comentarios