Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Mariña Lestón estrea o seu novo traballo dramático na casa

mariña lestón Dende o baleiro das ondas
Mariña Lestón estrea o seu novo traballo dramático na casa

Despois da presentación do seu monólogo “Adolescentes” na súa propia vila coincidindo coa programación cultural das Letras galegas, a fisterrá Mariña Lestón prepara outro asalto ao escenario. Será o vindeiro venres 1 de setembro, ás 21:00h na Praza do Río, xunto á praza de Fco. Esmorís Recamán, cando a actriz e creadora costeira presente o seu novo traballo: “Dende o baleiro das ondas”.

Trátase dunha peza coa que habilitar a memoria e poñer en valor o recordo. Esta peza de carácter dramático está composta por pequenos relatos que permiten ao espectador habilitar a memoria. Historias sobre naufraxios ubicadas na nosa Costa coas que poder viaxar lembrando os que hoxe xa non nos poden acompañar e poñendo en valor tamén os que quedaron en terra: as viúvas, os orfos... Para que as súas historias non caian no esquecemento.

Comentarios