Domingo. 06.10.2024
El tiempo

A monologuista fisterrá Mariña Lestón estréase sobre o escenario na casa co gallo das Letras Galegas

Marina Leston monologo Adolescentes
Mariña Lestón entrea o monólogo Adolescentes
A monologuista fisterrá Mariña Lestón estréase sobre o escenario na casa co gallo das Letras Galegas

Con 19 anos, en pleno 2º ano de Interpretación na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo, preséntase a oportunidade de estrearse na casa. O programa das Letras Galegas do Concello de Fisterra baséase no talento da casa, e o de Mariña Lestón é o mellor exemplo. Para o Concello “é un orgullo”, recoñecen dende o departamento de Cultura, e para ela unha gran oportunidade.

O monólogo “Adolescentes”, que vai estrear o 14 de maio ás 19:00h, no Salón de actos do Concello de Fisterra, vense xestando dende os 16 anos. Pero a arte vén de antes, e como non podía ser doutro xeito ten participado de peque no mítico Entroido fisterrán cos Presajeiros sen Fronteiras.

Prejaseiros sen Fronteiras no Entroido de Fisterra
Mariña era a nena que está sentada de rosa á esquerda, cos Prejaseiros sen Fronteiras facendo de ABBA no Entroido de Fisterra de 2009

”Sempre montaba os meus teatros diante do espello, pero o teatro realmente empecei na ESO, con Toño Casais na Escola Municipal de Teatro de Cee. E despois estiven un ano no grup de teatro Tuéjele do IES Fernando Blanco”, cóntanos.

Agora, en plena carreira, revisou aquelas anotacións sobre esa sensación de escapar da adolescencia, para darlle unha volta e acabar facendo case que un alegato da mesma. “A verdade é que agora estou nunha etapa que non sei o que son. Non sei é que ser adolescente, e precisamente quero deixar claro non pasa nada se non sabes o que es”. Pero ten para todos. “Tamén quero amosar as diferencias xeracionais co resto de etapas da vida, e aí teño tralla para darlle a todas as xeracións, non salva ninguén”, avisa.

Se non o queres perder, reserva a túa entrada no correo [email protected] antes do 11 de maio. Pero, en calquera caso No caso de superar o aforo, realizarase un segundo pase ás 20:00 h.

Máis programa

O Concello ademais, para lembrar a figura do homenaxeado Florencio Delgado Gurriarán, organiza dous actos máis, con moita canteira:

O venres 13 de maio, ás 19:30h, o Salón de Actos acolle ”Finisterrae: O último ultramarinos”, a obra que fai un retrato poético da Costa da Morte, cun texto de María Lado baseado nunha idea orixinal de Borxa Insua. Dirixido por Topo Vidal.

E o propio martes 17, as 12:00h, o Salón de Actos convertirase unha Feira das Sementes, un espectáculo de monicreques para o público familiar.

CARTEL LETRAS GALEGAS 2022 4 copia
CARTEL LETRAS GALEGAS 2022 4 copia

Novas relacionadas

Comentarios