Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Natasha Lelenco presenta Fetiches no espazo de arte Os Catro Gatos

Natasha Lelenco Fetiches
Natasha Lelenco entre dous dos seus lenzos que forman a exposición "Fetiche"
Natasha Lelenco presenta Fetiches no espazo de arte Os Catro Gatos

A artista Natasha Lelenco, sae da súa Casa das Peritas para expoñer de novo. Despois daquele simpactantes “Señores Importantes”, desta volta, a artista natural de Moldavia e afincada en Mallas (Fisterra), presenta a súa nova serie pictórica titulada “Fetiches”.

Faino cunha exposición de lenzos de pequeno formato no Espazo de Arte Os Catro Gatos, no nº13 da compostelá Rúa das Rodas, en Santiago de Compostela, cuia inauguración será este sábado 13 de novembro ás 18:00h.

As imaxes propoñen unha sobria reflexión sobre a imaxe e a memoria a través dos obxectos e referentes visuais da cultura popular. E para iso, recuperou da memoria elementos visuais do imaxinario popular do seu fogar natal en Chisinau nos derradeiros anos da Unión Soviética.

Eses recordos da “arte popular”, esas cousas “Kitsch”, sácanlle a idea á Lelenco, pois provocan unha profunda evocación e fascinación polo pasado, como un xeito de idealización que conecta co xeito no que adoitamos idealizar a infancia”.

Máis alá dos referentes íntimos da serie, afirma a autora que “estas pezas naceron nunha tripla confluencia de circunstancias persoais e globais, por unha parte o regreso a Galicia logo dunha viaxe a súa cidade natal, a mudanza á cidade de Ourense que actualmente acolle o seu obradoiro, e o contexto de crise pandémica co telón de fondo da crise climática.”

A exposición poderá verse ata o 11 de decembro en horario de martes a sábado de 18:00h a 21:00h.

Novas relacionadas

Comentarios