Luns. 07.10.2024
El tiempo

A Casa das Peritas volve maridar arte nunha experiencia cultural única

    •    A exposición poderá visitarse os sábados e domingos entre o 13 de xullo ao 31 de agosto en horario ininterrumpido de 12:00h a 21:00h.
    •    A mostra conta coa colaboración de Vermutería de Galicia, que convida aos visitantes a completar a experiencia artística saboreando os seus vermús St. Petroni.

Inauguracion da Exposicion na Casa das Peritas-Foto-Maria Lijo
Inauguración da Exposición na Casa das Peritas-Fotos de María Lijó
A Casa das Peritas volve maridar arte nunha experiencia cultural única

O pasado sábado inaugurouse na Casa das Peritas, en Mallas, Fisterra a exposición de verán “Tres tristes artistas entre tantos tristes trastos”, trabalinguas que dá título a unha mostra diferente, unha proposta absolutamente diferente ás ás que estamos habituados e que dá un auténtico sopro de aire fresco á nosa cultura.

Por que? porque falamos dun proxecto único, un estudo que, eventualmente, e por cuarto ano, se convirte en espazo expositivo, abrindo as súas portas para ofrecer unha singular maneira de consumir cultura.

Así o comprobaron os que se achegaron o pasado sábado á inauguración, que tiveron a sorte de coñecer as obras da man dos propios artistas, e degustaron uns vermús Petroni, gracias á colaboración de Vermutería de Galicia.

Vermu na Exposicion na Casa das Peritas-Foto-Maria Lijo

A exposición reúne a obra de Natasha Lelenco, artista moldava impulsora do proxecto que, desde fai uns anos, ten na aldea o seu principal espazo de traballo, que nesta ocasión convive expositivamente coas monumentais e evocadoras esculturas de Jose Perozo (Vigo 1978) e a arte textil de María Magán (Boiro 1982).

O lugar, un espazo singular e inesperado, convirte a visita nunha experiencia difícilmente clasificable, na que o teatral, o visual e o performativo se dan a man. “A idea” afirma Natasha Lelenco, “é propor unha experiencia que vaia máis alá do feito expositivo e dunha acción de venta da obra dos artistas implicados, que tamén o é, no que a propia ubicación da casa e a súa arquitectura dialoguen coas obras dos artistas.”

A mostra exhibe case medio centenar de obras en diferentes formatos e linguaxes e para todos os petos, que poden adquirirse nalgúns casos desde os 50€ directamente aos artistas e sen intermediarios.

Cando se pode visitar

A exposición invade boa parte do espazo arquitectónico da vivenda e do xardín e poderá visitarse en horario ininterrumpido de 12:00h a 21:00h todos os sábados e domingos de verán ata o 31 de agosto.

Exposicion na Casa das Peritas-Foto-Maria Lijo

Sobre Natasha Lelenco

Natasha Lelenco (Chisinau, Moldavia, 1982) estudou artes na universidade de Cluj-Napoca, Rumanía. Desde o ano 2009 reside en España, en Badalona inicialmente e posteriormente en Ourense e Fisterra. É autora dos libros Fin da Terras Costa da Morte e O Gran Libro dos Señores Importantes, e ten realizado nos últimos anos máis de 10 exposicións individuais.
A súa obra puido verse ao longo do ano en feiras e espazos como a Hybrid Art Fair, na semana das artes de Madrid, a feira internacional JustLx Lisboa o pasado mes de maio ou actualmente na exposición internacional Nordart en Büdelsdorf, Alemania. Esta iniciativa abre as portas do seu estudio e permite achegarse ao seu traballo dun xeito íntimo e personal.

Sobre Jose Perozo

Jose Perozo (Vigo, 1978) estudou Escultura na Escola de Artes Mestre Mateo, e Maquinaria Escénica e Construción de Decorados en Escénica Granada.
Dende o ano 1998 reside en Santiago de Compostela, onde se adica a construír no seu taller obxectos e estruturas, metáforas e composicións racionais, esculturas e decorados.
No ano 2017 inaugura "Bastións" na Igrexa da Universidade de Santiago, unha exposición cuxo nexo conceptual é a creación de hábitats nos que se combina certo realismo máxico con unha estética postindustrial. Nela parte da premisa de crear obras de gran presenza teatral e escenográfica combinada cun compoñente estético no que priman o industrial e o arquitectónico.
Logo de participar no certame Gois-Oroso Arte, e de colaborar na exposición "Retratos con Alegoría" do pintor J. Méndez, inaugura en 2018 "Bastións II" no Círculo de Empresarios de Vigo, unha continuación da liñea creativa da súa anterior exposición individual.
Actualmente compaxina o seu traballo como escultor coa escenografía e a construción de decorados para teatro, cine e televisión.

Sobre María Magán

María Magán Lampón (Boiro 1984) é doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo coa súa tese "Costura: desde a reivindicación política ata a recreación poética. O proceso de costura como recurso creativo na obra de arte ".
É fundadora e membro de varios grupos de artistas e creadores (LIBA colectivo ou Creaturas) defínese como artista visual e interdisciplinar, interesada na xestión e produción de contidos artístico-culturais. Unha das súas últimas apostas é a creación do espazo para a arte a partir dunha fórmula empresarial La Doce, en Boiro.

Exposicion na Casa das Peritas-Foto-Maria Lijo 2

Novas relacionadas

Comentarios