Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Nova mobilización na Anchoa para non ter que xogarse a vida para comprar o pan ou ir á farmacia

Manifestacion non mais mortes na Anchoa
Nova mobilización na Anchoa para non ter que xogarse a vida para comprar o pan ou ir á farmacia

Trala concentración deste pasado martes, despois do novo atropelo mortal sufrido o sábado, a veciñanza da Anchoa quere conseguir compromisos políticos para establecer dunha vez medidas de seguridade na súa perigosa recta.

O pasamento de Pepe, O Mouro de Denle, foi a “gota que colmou o vaso” dunha veciñanza que pide cousas tan básicas como reducir a velocidade da estrada a 50 km/h e poñer varios pasos de peóns. Necesidades moi pequenas para poder vivir tranquilos, e non ter que xogarse a vida para comprar o pan ou ir á farmacia.

Por iso, a veciñanza da zona manifestaranse, cortando o tráfico na recta da Anchoa, este venres 9 de xuño a partir das 20:00h. A manifestación arrincará diante de Talleres Sambad e rematará na cirva do 107, co lema “Non máis mortes na Anchoa”.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios