Nova orde de derribo para 3 casas en Fisterra
15:29 29/10/10
Se hai un mes a Xunta anulaba as licencias de dous edificios na recta da Anchoa, esta semana coñecemos unhas novas denuncias, desta volta, na zona de Mar de Fóra, concretamente no lugar da Insua. Feitos que xa denunciabamos aló polo 2008 na nosa sección de Fotodenuncia.
A Xunta, a través da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, declara "ilegalizables" tres edificacións: unha vivenda unifamiliar e dúas de varios pisos. As 3 vivendas, situadas en solo rústico, carecen de licencia. Por iso levan paralizadas dende o 2007, cando a Xunta xa detectara irregularidades.
Deste xeito, os 3 edicifios, aínda sen rematar, terán que ser derribados.
Novas relacionadas
- 26-05-08: Denuncia cunha foto: Casas invadindo a praia de Mar de Fóra.
- 25-09-10: Anulan a licencia de dous edificios na Recta da Anchoa.
- 27-03-09: Anulada a licencia dunha obra da recta da Anchoa.
- 12-02-08: A concentración contra o derribo da vivenda dos Suárez xuntou a 500 veciños fisterráns.
- Rúas Medievais no 2009 (II).
- A mentira das palabras máxicas.
Outra información
- A Casa de Lola de Andrés, un documental de Olaia Sendón sobre a especulación urbanística en Fisterra.