xoves. 18.06.2026
El tiempo

Unha nova postal coa silueta da fin da terra

Unha nova postal coa silueta da fin da terra-FISTERRA
Unha nova postal coa silueta da fin da terra-FISTERRA
Unha nova postal coa silueta da fin da terra

A silueta de Fisterra é unha das imaxes máis icónicas da Costa da Morte. Esa estampa do promontorio do Monte Facho é un dos grandes símbolos da comarca, e poderá retrarse con subtítulos dende xa. Hoxe quedou inaugurada a instalación das letras co nome de "Fisterra", un novo reclamo fotográfico e turístico que pon en valor a identidade dun lugar único no mundo.

No acto participaron o grupo de goberno que destacaron a importancia de seguir creando espazos que reforcen a imaxe e o atractivo do noso concello para veciños e visitantes.

Ademais, resaltan que cada letra conta unha parte da historia da vila do Cristo:

  • F – Fin do Camiño, onde milleiros de peregrinos culminan a súa aventura.
  • I – Inmenso horizonte, onde o ceo e o mar se funden nunha mesma paisaxe.                                                                          
  • S– Solpores inesquecibles, símbolo da beleza da Costa da Morte.
  • T– Turismo sostible, que descobre e respecta o noso patrimonio natural e cultural.
  • E – Esencia mariñeira, presente nas nosas rúas, no porto e na nosa xente.
  • R – Raíces e tradición, que manteñen viva a alma de Fisterra.
  • R – Ruta Xacobea, que une culturas e emocións ata chegar ao quilómetro cero.
  • A– Atlántico, o mar que abraza o noso territorio e define a nosa identidade.

 

Comentarios