Xoves. 09.05.2024
El tiempo

Novas denuncian dos vertidos fecais en Fisterra

Novas denuncian dos vertidos fecais en Fisterra
Algunha imaxe dos Xurros de vertidos en Fisterra

Falabamos a semana pasada do mal funcionamento da depuradora de Mar de Fóra, en Fisterra. Pero hoxe, o BNG envía unhas imaxes botadas por varios veciños, que denuncian que "o concello traslada en camións cisterna o xurro da depuradora ao pozo negro da rambla do porto, que despois sae polo emisario.

Así, os vertidos fecais xa serían en varios puntos da vila, segundo o BNG, no porto e na Langosteira, pero tamén na zona da praia do Almacén, no Cabello, no Raposo e en San Roque, algo tremendamente negativo para os intereses dos mariscadores edo sector turístico. Pero o feito de que un camión cisterna, como denuncian varios veciños, se adique a eliminar os xurros dende a inútil depuradora directamente ao mar é preocupante.

O BNG presentará unha moción no próximo pleno na que achegará fotografías dos feitos e esixirá ao alcalde que dea explicacións a tódolos veciños de Fisterra de como, contando cunha depuradora con tampouco tempo de funcionamento, acontecen estes episodios contaminantes diante das propias narices dos seus veciños. Así como a entrega simbólica dunha bandeira negra que represente as vergoñas que Fisterra non pode ocultar. Solicitarase a súa vez que se explique a relación que garda o novo proceso de contratación dun servizo de mantemento e xestión da depuradora e rede de emisarios por 60.000 euros, cando o mantemento viña realizándose directamente por persoal propio do Concello.

Máis imaxes dos verquidos directos ao mar en Fisterra

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Fisterra.

Comentarios