Venres. 26.04.2024
El tiempo

O BNG fisterrán denuncia verquidos de fecais na Langosteira

O BNG fisterrán denuncia verquidos de fecais na Langosteira

O BNG de Fisterra vén de rexistrar dúas mocións na casa do concello. A primeira de elas, insta ao goberno municipal a que informe sobre o estado de funcionamento da depuradora de Mar de Fóra e rede de instalacións asociadas así coma da xustificación pola que se procede á contratación dos servizos de mantemento. E a segunda pedindo un plan de explotación dealgas e anémonas.

Depuradora de Mar de Fóra

Depuradora de Fisterra-Foto- Marcos Rodriguez

Segundo o BNG, "son moitos os veciños que teñen comunicado a súa preocupación polos vertidos directos tanto no porto como en San Roque e na Anchoa, procedentes moi probablemente das continuas paradas das plantas de bombeo ou desborde dos colectores". De feito de vez en cando no propio porto obsérvanse a chegada de efluentes de augas fecais vertendo ao mar, pero aínda sendo máis rechamante e preocupante a cantidade de restos orgánicos flotantes que se poden apreciar na Langosteira entre San Roque e A Anchoa.

Aspectos estes que cualifican de "lamentables e pésimos para a vila e tamén o turismo". Por iso, o BNG que "a situación, máis propia de tempos pasados e de lugares subdesenvolvidos, tén moito a ver co desleixo no mantemento directo realizado sobre todo o sistema da EDAR de Mar de Fóra efectuada polo Concello. Ao que habería que engadir a situación xa denunciada polo BNG para a estación de Sardiñeiro que continua na mesma liña de vertidos e contaminación que se negan a informar".

Preocupa especialmente que para o entorno da praia de San Roque (Langosteira), por moitas veces distinguida pola súa excelencia coa bandeira Azul, "a chegada de altos niveis de augas fecais con presenza de organismos patóxenos procedentes do emisario conectado coa EDAR, cunha carga bacteriolóxica que non é eliminada mediante o sistema de desinfección ultravioleta co que está dotado a EDAR, o cal sorprendente e irresponsablemente non ten funcionado durante todo o tempo no que a xestión ten dependido do Concello e do que os responsables municipais ben saben".

Explican ademais que "agora trasncurrido tres anos e medio dende a entrada en funcionamento procédese a contratar mediante un procedemento negociado sen publicidade a xestión e mantemento por medio dun servizo que execute ditos traballos, cun presuposto base de licitación de 60.000 euros,contemplando as accións para o mantemento preventivo , e unha chea de medidas correctivas e de reparacións".

Por todo isto, o BNG insta ao goberno municipal a que informe sobre a situación da EDAR de Mar de Fóra, os problemas de desinfección por ultravioleta , acceder ao contido dos informes efectuados periodicamente por AUGAS DE GALICIA, que se informe tamén do procedemento de contratación do servizo de mantemento da EDAR e se vén xustificado polo desaxeitado amntemento efectuado ata o de agora, así como as posibilidades de arranxo da situación de cara a obtención da bandeira azul. Queremos saber tamén se existe algunha relación entre os verquidos chegados a praia de A langosteira coa desaparición de recursos marisqueiros como a coquina", apuntan.

Plan de explotación

Por outra banda, tamén presentaron unha moción que insta ao goberno a que solicite da Xunta de Galiza a que aprobe plans de explotación para a extración de algas e anémonas, e os estudos para determinar a viabilidade de aproveitamento da vieira, na zona de marisqueo V, como medida para propiciar novas oportunidades de xeración e mellora de emprego no sector marisqueiro de Fisterra.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Fisterra.

Comentarios