Venres. 03.05.2024
El tiempo

Novo ataque contra o furtivismo en Malpica, Corme, Laxe, Fisterra e Muros

Novo ataque contra o furtivismo en Malpica, Corme, Laxe, Fisterra e Muros
Nécoras incautadas en Malpica

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, en colaboración co SEPRONA, comisaron 167 quilos marisco e 217 aparellos de pesca nun operativo realizado esta mañá no porto de Barizo, en Malpica.

Na operación os axentes requisaron 77 quilos de nécora, 62 quilos de centolo, 23 quilos de santiguiño e 5 quilos de lumbrigante. O marisco comisouse por estar ovado e, no caso do centolo, santiaguiño e lumbrigante tamén por estar en época de veda. Ademais, tamén se incautaron 22 sacos de rede e 195 nasas para nécora, estas últimas por ter una boca de 19 cm., cando o regulamento especifica un tamaño de 16 cm.

Mais marisco incautado en Malpica

Pola súa banda na ría de Corme-Laxe os inspectores tamén requisaron máis de 48 quilos de diversas especies e 150 metros de artes de enmalle. O operativo máis importante saldouse co comiso de máis de 26 quilos de peixe e marisco -a maioría nécora- e coa incautación dos 150 metros de artes de enmalle.
Noutro operativo realizado en Fisterra, os inspectores da Xunta fixéronse con máis de 49 quilos de polbo, congro e boi- e con 42 nasas e 20 cacharros.

Ademais, na Ría de Muros e Noia, os Gardacostas requisaron preto de 10 quilos de distintas especies, 37 aparellos de pesca -na súa maioría nasas-, 1 embarcación e 650 metros de artes de enmalle.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra á cidadanía que "o consumo de marisco extraído e comercializado de xeito ilegal pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale". Por iso, o departamento pide ao consumidor que "non compre produto fóra dos cauces legais de comercialización".

Novas relacionadas

Fonte

  • GC.

Comentarios