Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O alemán que foi rescatado no Monte Pindo a semana pasada quítase a vida no Cabo Fisterra

O alemán que foi rescatado no Monte Pindo a semana pasada quítase a vida no Cabo Fisterra
O alemán quitouse a vida no coche que tiña aparcado no Cabo Fisterra O alemán quitouse a vida no coche que tiña aparcado no Cabo Fisterra Que cousas pasan na fin da terra. O mesmo home que foi rescatado o pasado mércores no Monte Pindo, quitouse a vida esta tarde de domingo nas cercanías do Faro Fisterra. Policía Local, Protección Civil, Garda Civil, e emerxencias do 112 achegábanse ao lugar despois do suceso. A situación, como nos relata o teniente de alcalde fisterrán, Kuka Sar (a AXEGA non ofrece información algunha sobre esta clase de sucesos), desenvolveuse do seguinte xeito. O home, alemán de 64 anos, levaba unha temporada na zona, e parecía que chegara para quedar uns meses. Coa perna rota dende o accidente no monte, pediulle ao fillo de dúas alemanas que contan cun establecimento na vila do Cristo, que o subira ata o Faro. Alí pediulle que o deixara, que lle agradecía a viaxe pero que non quería que vise o que ía pasar. O mozo marchou e chamou á súa nai, que á súa vez avisou á Policía Local de que había un home no Faro, cunha escopeta con intención de quitarse a vida. As propias alemanas, que coñecían ao home, subiron en taxi ata o lugar (preto da zona para autocaravanas) e o home estaba metido no seu coche, que tiña alí aparcado. Tiveron unha longa charla pero puideron convencelo de baixar e pouco despois de marchar do lugar, apenas 50 metros abaixo, escoitaron o disparo. Pronto chegaron os corpos de seguridade, que só puideron corroborar o falecemento. Aínda ás 20:00h estaban esperando a chegada da Policía Xudicial para proceder ao levantamento do cadáver. Suicidio no Cabo Fisterra-Foto-Dario Gomez Foto de Darío Gómez O coche do home aleman no que se quitou a vida no Faro FIsterra O coche do home alemán no que se quitou a vida, detrás do coche de Emerxencias situado mirando o mar no Cabo Fisterra Garda Civil Protecion Civil e Policia Local nas inmediacions do Faro Garda Civil, Protección Civil e Policia Local nas inmediacións do Faro

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios