Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O BNG fisterrán recolle firmas contra o canon da auga

O BNG fisterrán recolle firmas contra o canon da auga

O pasado sábado, día 27, tivo lugar en Hermedesuxo de Abaixo (Duio) a primeira sesión das charlas informativas que sobre a nova Lei de Augas que está a organizar o BNG de Fisterra, con Modesto Fraga á cabeza. A Comitiva local acordou impulsar unha campaña de sinaturas no municipio por considerala unha "Lei inxusta e tremedamente insolidaria".

Como queira que o vindeiro 27 de decembro está previsto que a citada Lei entre en vigor, desde o BNG de Fisterra levarán a cabo todas as iniciativas, políticas e sociais, que estimen oportunas para deixar testemuño do seu "total rexeitamento con esta nova medida que unicamente procura recadar diñeiro a costa dos cidadáns e cidadás con menos recursos económicos".

Explica Modesto Fraga que "no caso do concello de Fisterra e no da inmensa maioría dos lugares de Galicia que contan con numerosas aldeas e parroquias entre a súa poboación activa, a nova Lei de Augas suporá un grave prexuízo económico, sobre todo para as familias máis afectadas pola crise e, en consecuencia, influirá de xeito negativo no benestar de todos os fisterráns".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da man de Modesto Fraga, Candidato do BNG á alcaldía de Fisterra.

Comentarios