Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Campionato de Surfcasting feminino coloca Laxe no panorama da pesca deportiva estatal

O Campionato de Surfcasting feminino coloca Laxe no panorama da pesca deportiva estatal
Que importante é a celebración destes eventos deportivos para a Costa da Morte. Xa hai concellos que teñen claro a importancia do deporte como foco de atracción turística e cada vez son máis os que apostan por estas citas. Esta pasada fin de semana, as praias de Langosteira e Fisterra acollían o Campionato de España de Surfcasting Damas. 40 pescadoras do mellor do estado estiveron aloxadas en Cee, unha vez que en principio a proba ía realizarse completamente na praia fisterrá da Langosteira, pero as condicións meteorolóxicas fixeron que a segunda xornada se desenvolvese na praia laxense. Un areal ideal para esta clase de eventos, con todo tipo de instalacións, con bandeira Azul. Un areal que xa unha referencia a nivel nacional e que pon a Costa da Morte no mapa dos campionatos de pesca. Chegaban así á zona pescadoras semiprofesionais, con gran tecnoloxía pero que tamén tiveron que tomar nota dos afeccionados locais que coñecen os cebos que mellor funcionan. Unhas pescadoras, sempre xente de alto nivel económico, acompañadas de familiares (unhas 90 persoas en total) que seguro repiten, e no futuro veranse pescando cos propios afeccionados da zona. “Van flipados ca zona”, apúntannos varios responsables da hostalería da zona. Unha demostración que a natureza, as actividades deportivas e o ocio activo son os grandes valores Así, tendo como referencia á herculina Sandra de la Fuente, campiona do Mundo, as pescadoras galegas estiveron a gran altura e conseguiron o primeiro posto por Seleecións Autonómicas. O equipo formado por Eva López Lorenzo, Rosa López Villar, Julia Torres e Raquel Ferreiro, impúñase aos equipos de Andalucía; Murcia, Valencia, País Vasco… Na clasificación individual, a andaluza Marta Guerrero quedó campiona, por diante precisamente da galega Julia Torres. Sandra Oliva, tamén andaluza, completou o podio. Rosa López e Eva López fixeron un 5º e 6º posto, mentres que Sandra Dopico quedou 11ª. Campionato de Pesca Mar Costa na praia de Laxe 2017-Foto-Jose Maria Suarez 2 Campionato de Pesca Mar Costa na praia de Laxe 2017-Foto-Jose Maria Suarez Campionato de Pesca Mar Costa na praia de Laxe 2017-Foto-Jose Maria Suarez 2 Campionato de Pesca Mar Costa na praia de Laxe 2017-Foto-Jose Maria Suarez Campionato de Pesca Mar Costa na praia de Laxe 2017-Foto-Jose Maria Suarez 2 Campionato de Pesca Mar Costa na praia de Laxe 2017-Foto-Jose Maria Suarez 2 Campionato de Pesca Mar Costa na praia de Laxe 2017-Foto-Jose Maria Suarez 2 Campionato de Pesca Mar Costa na praia de Laxe 2017-Foto-Jose Maria Suarez

Vindeira proba

O vindeiro 27 de maio será o turno do Campionato de Surfcasting Mar Costa masculino, tamén nas praias Praia Langosteira e Laxe.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Información de Óscar de Souto e fotos e vídeo de José María Suárez.

Comentarios