Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Canario desarbolado

O Canario desarbolado
Un dos detidos na operacion contra o Canario no 2009-Foto-Marcos Rodriguez Un dos detidos na operación contra o Canario no 2009-Foto-Marcos Rodríguez O pasado venres 19 de xuño de 2009, a Garda Civil detía a tres persoas por suposto delito de tráfico de drogas no bar "O Canario", coñecido centro "expendedor" de Fisterra. Non é nova a actividade ilegal no bar fisterrán, que dende hai anos é centro de idas e vidas de xentes de toda a comarca. A vila enteira coñecía a situación do bar dende hai tempo, pero poucas veces fóra denunciada. A Garda Civil arrestaba a tres persoas, das que unha xa está en libertade. O máis importante foi Ramón Santamaría, que acodía a cara descuberta ao Xulgado de Corcubión. Segundo a Garda Civil, Santamaría seria o que surte aos camellos da zona, liderando a banda que máis droga move na Costa da Morte. Santamaria estaba acompañado dun par de rapaces de 20 anos, un deles de nome Idilio, que, supostamente, facía de camello a pequena escala.

Novo golpe ao narcotráfico

Terceiro golpe nos últimos meses ao narcotráfico na Costa. En abril, Manuel López Trillo foi capturado en Muxía, como un dos máximos distribuidores de cocaína da zona. Tamén en xaneiro, a Benemérita interceptaba 4.000 kilos de cocaína que entraban por Muxía. E agora un novo golpe.

Comentarios