Venres. 18.10.2019
El tiempo

O caos segue reinando na parada de buses de Fisterra

O caos segue reinando na parada de buses de Fisterra
Caos na parada de buses de Fisterra Caos na parada de buses de Fisterra nunha mañá calquera

Visitantes que baixan; hostaleiros á caza do peregrino; peregrinos que suben e que queren meter as mochilas rápido para asegurar sitio e non deixan que os que baixen collan as súas maletas; rapaces que intentan chegar ao seu instituto, señ[email protected] que necesitan ir ao Hospital de Cee; cans “peregrinos” ladrando contra cans “lugareños”; coches, demasiados coches pasando por diante e aparcando en doble fila para comprar tabaco…; camións de carga e descarga aparcando como poden para facer o seu traballo…

Todo isto, aderezado cuns cantos pipis dos claxon, con moito ruído e fume de motor deses autobuses que poden estar ata 20 minutos parados (provocando unha contaminación acústica e ambienta brutal), e con esas estampas dos variopintos visitantes que rematan na fin do mundo que non necesitan agocharse absolutamente para fumar toda clase de sustancias psicoactivas, ademais de ter algunha que outra bronca.

Esa é a estampa que te podes atopar calquera día na parada de autobuses de Fisterra, en pleno centro da vila. É a estampa que sofren os veciños diariamente, sobre todo en temporada alta, e é o que se atopan os visitantes cando chegan ao segundo punto máis visitado de Galicia. Si, un verdadeiro caos. Si, no centro da vila.

Unha verdadeira selva urbana que ademais supón un claro perigo para viandantes, unha imaxe pésima para o sector turístico de Fisterra e da Costa da morte.

Os veciños fisterráns levan tempo denunciando os problemas de aglomeracións na parada, pero nada se soluciona, nada se fai.

Piden cambiar a ubicacioón da vila, piden que se reincida na peatonalización das zonas estreitas, piden que pare esa caza ao peregrino que ás veces xunta a 10-15 persoas dos albergues con folletos asaltando aos turistas; piden que o Concello coloque un sinal que prohiba ter o motor acceso durante máis de 4 minutos; piden ademais que os buseros non vaian tan rápido polas estradiñas costeiras; piden un sistema de transporte público intercomarcal, e non só as liñas que unen a Costa con Coruña ou Santiago…

Caos na parada de buses de Fisterra

Peregrinos vs alumnos e pacientes

Porque precisamente a falta dun sistema de transporte público intercomarcal, abriga aos alumnos dos institutos e os pacientes que teñen que ir ao Hospital, a subir e pelexar por un asento nos buses de liña. Durante todo o ano, os peregrinos quitan as prazas e os alumnos tendo estes que ir de pé en innumerables, a pesar de ter bono de 50 viaxes.

Tras máis dun ano de protestas de nais e pais, que mesmo enviaron cartas ás empresas responsables, agora os buseiros intentan mandar aos peregrinos no de Monbús de ruta por Muros nunha viaxe de 3 horas, no canto de usar o trasbordo en Baio. Un parche que non impide ver a desfeita que segue a ser o servizo de autobuses na Costa da Morte.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios